Monday 06 de May de 2024

Carral avanza na modificación de plan en As Travesas coa apertura do prazo de información pública


· Este cambio foi aprobado de forma inicial en marzo. Agora, os veciños e veciñas terán dous meses para formular as súas alegacións.

· A modificación permitirá a creación de emprego e fixación de poboación nos núcleos rurais.

· A modificación permitirá dotar á zona de equipamentos e zonas verdes, así como infraestruturas de saneamento ao núcleo de As Travesas.

O Concello abriu o pasado 11 de agosto o período de información pública da modificación puntual das normas subsidiarias de plan nun sector do lugar de As Travesas. A aprobación inicial produciuse no pleno de marzo e, agora, os veciños e veciñas dispoñerán de dous meses para formular as súas alegacións.

Esta modificación traerá consigo varios beneficios para o Concello. Por unha banda, a consolidación do tecido empresarial existente favorecendo a creación de emprego e a fixación de poboación activa na contorna rural do Concello. Por outro, a mellora de dotacións públicas, pois a modificación inclúe a implantación de zonas verdes (14.650,60m2) e equipamentos (691,46m2), así como infraestruturas de comunicacións que mellorarán a mobilidade e a seguridade viaria ao redor da estrada autonómica AC-542 por onde discorre o Camiño Inglés. Tamén se prevén infraestruturas de servizos que, ademais de resolver as necesidades da actuación prevista, posibilitarán a extensión da rede de saneamento ata o núcleo rural de As Travesas.

O ámbito da modificación puntual ten unha superficie total de 104.984,42 m2. O sector de chan urbanizable ten unha superficie de 92.449,81m2, cun índice de edificabilidade de 0,30m2/m2, que supoñen un total de 27.734,94m2 de superficie edificable máxima.